O autobús do W3C estará na Coruña o 24 de novembro

23

Lendo codigocero.com:
“A Oficina Española do W3C (World Wide Web Consortium) vaise de xira. Unha tourné que, ademais, semella ser un círculo máis ca unha liña, posto que comeza en Asturias e remata en Asturias. Entrementres, o autobús que percorrerá dez centros universitarios de España fará unha parada o 24 de novembro na Coruña. O vehículo, que ademais de ser respectuoso co medio ambiente conta con acceso para discapacitados, videoconferencia, Internet vía satélite e catorce equipos multimedia que inclúen demostracións das tecnoloxías do W3C.”…


…”A visita do autobús levará consigo ademais a celebración de conferencias e reunións co persoal investigador das universidades. Esta xira conta co apoio de Red.es, a Fundación CTIC, Software AG España, TeleCable, FundaciónONCE e Centro de Estudios Garrigues.”…
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios