Reunión do BNG do Eume nas Pontes

25

[RTVi-As Pontes]
A Comisión Executiva Comarcal do BNG convocou para este sábado ós máis responsables deste partido na zona do Eume para debate-los problemas máis importantes desta area. A xuntanza vai ter lugar durante a mañá no Concello das Pontes, cunha axenda de traballo moi apretada, xa que se tratarán temas tan diversos como a situación da infraestructuras, o Río Eume, o Parque das Fragas e tamén distintos proxectos para os que os concellos deberían mancomunarse.


Con esta xuntanza preténdese comezar a coordena-los temas e problemas que teñan en común estes municipios, e tamén establece-lo liderato da alcaldía pontesa e dos concellos que son cabeceira, tanto As Pontes como Pontedeume, para a xestión destas actuacións.
O encontro comezará ás dez da mañá (pendentes de confirma-lo lugar) e na axenda abordaranse temas como as infraestructuras de comuniciación viaria; como é a Autovía Ferrol-Vilalba, a estrada AC-144, que vai de Pontedeume a Ponte da Pedra, en Monfero, e tamén a AC-151, entre Montesalgueiro e Campolongo.
Tamén se comentará o proxecto de establecer un ente mancomunado para crear unha cadea de televisión comarcal, xa que polo momento só hai unha televisión municipal en As Pontes. Neste mesmo senso, aportaranse propostas sobre proxectos que precisen tamén dunha xestión mancomunada, por tratarse de servicios que se prestan en concellos de máis de 20 mil habitantes, como poden ser actuacións de axuda a domicilio, de inclusión social, etc.
Tratándose dunha xuntanza para a zona do Eume non podía faltar o tema do río Eume e do Parque das Fragas, e preténdese chegar a algunha conclusión sobre problemas como a depuración das augas, o encoro do Eume e a recuperación da desembocadura para mellora-lo seu potencial marisqueiro.
Na segunda parte da reunión fixarase unha estratexia de intervención para procura-la mellora das infraestructuras de comunicación viaria.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios