O 19 comeza a programación de Cine no Alovi

62

O Cine Alovi retomará a tempada de cine o vindeiro día 19, coa proxección de “Kill Bill volume dous”. Deste xeito abrirase o novo ciclo de proxeccións que como xa é habitual ofrecerán películas de recente estrea nos cines comerciais; entre elas estará a polémica “Mar Adentro”, que poderemos ver nara o mes de nadal, e que posiblemente será todo un éxito de taquilla.


Pero comezando coas máis inmediatas. A primeira fin de semana, entre o día 19 e o 21, teremos para o público adulto unha das últimas produccións de Quentin Tarantino, a segunda parte de Kill Bill.
Uma Thurman ten nesta continuación como compañeiro de pantalla ó célebre Kung Fu, David Carradine. Na primeira película, a protagonista logrou completa-la súa vinganza ó matar ós seus antigos colegs O-Ren e Vernita, pero aínda lle quedan outros dous: Budd e Elle Driver e logo centrarse no seu último obxectivo: matar a Bill. Artes marciais e bastante violencia combínanse nesta producción americana que non pode oculta-la sinatura do seu director; polo que hai que lembrar que non é recomendable para menores de dezaoito anos.
Na última fin de semana do mes unha película histórica das realizadas á sombra do éxito de Gladiator. “O Rei Arturo” é unha versión máis da historia deste caudilla britano que tivo que loitar contra os bárbaros que comezaron a invadi-las illas logo da marcha dos romanos. NEste caso o guión é bastante máis cercano á realidade; Arturo é un mercenario a soldo do Imperio que decide quedar no pais no canto de marchar có resto das tropas. Xunto a el estarán os seus camaradas e tamén Xinebra e Merlín, que se reivindican como os verdadeiros nativos.
Comparte cartel con esta película unha de animación para o público infantil. Doraemon e o Imperio Maia son máis peripecias desta especie de boneco que xunto cós seus amigos.
Para decembro temos máis películas de animación, pensando en que os nenos xa andan preto de colle-las vacacións; pero esta é tamén indicada para os adultos. “Garfield” combina personaxes reais cunha personaxe virtual, a deste gato ben coñecido polas viñetas cómicas no xornal e que exemplifica tódolos defectos atribuídos ós felinos, é un auténtico fopeiro, non fai máis que comer e semella o rei da casa.
Unha das propostas máis interesantes desta programación de cine será a proxección a mediados de mes da última película de Alejandro Amenábar, “Mar Adentro”, un filme que nos toca moi de preto, xa que foi realizado en Galicia e conta a historia do tetrapléxico Ramón Sampedro. Ademáis non estivo exenta de polémica, xa que o tema da eutanasia provocou acendidos debates. Ademais foi candidata de España á candidatura dos Oscar como mellor película estranxeira.
E nesa fin de semana tamén se vai proxectar para os equenos “Zafarrancho no Rancho”, un filme de animación da factoría Disney.
Xa de cara a fin de semana os afeccionados ó xénero do suspense terán a nova proposta do coñecido director Night Smyamal, responsable do éxito “o sexto sentido”. Neste caso có “Bosgo” aprenseta a historia dunha comunidade que vive en difícil equilibrio con estranos seres que residen an foresta, pero que comezan a invadi-las rúas e fogares. Mentres que os nenos poderán disfrutar con máis peripecias con “En busca do val encantado”, onde un grupo de dinosaurios deberán atopar un novo fogar fuxindo do cambio climático.
Recollido da web do Concello

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios