amigus-party nadal-2004

50

4, 5 e 6 de decembro de 2004 no local social das Campeiras.

nadal2004.jpg


Unha nova edición da amigus-party se está a preparar, esta vez co-organizada co concello das Pontes, coa colaboración da Asociación de Veciños das Campeiras e con conexión a Internet gracias a OPENOR.
Nesta nova edición xuntámonos por fin coa comunidade gammer n0 ping, que se pasará a party votando as súas partidiñas ó Counter Strike.
Poderedes asistir á party, á n0 ping, ás charlas ou ós obradoiros… OU A TODO 😉 non é precisa entrada ningunha, será todo gratuito. O único que vos pediremos será que vos apuntedes no formulario que se indica máis abaixo. Se non o facedes, non vos garantimos que poidades asistir, xa que as prazas son limitadas.

noping.jpg

Para asistir á amigus-party nadal-2004 debes vir equipado co teu ordenador e todo o preciso para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instala-lo teu ordenador, a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:
CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo!).
Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou tarxeta inarámica.
Regreta de enchufes.
Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
Roupa para os 2 días, toallas e útiles de aseo.
Saco de durmir e esterilla.
DNI.
Aparte disto, é recomendable traer:
Unha almofada.
Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.
Un cd de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
Cargador de teléfono móbil (se tes teléfono móbil).
Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes, antes de acudir a amigus-party verán-2004, e que instales un antivirus.
O prazo de inscripcion remata o 2 de decembro ás 16:00 horas, e pódela realizar cubrindo este formulario
nadalclick.jpg

Listados dos obradoiros propostos:
1.- Sábado 4 (16:30-17:30) – Instalación de sistemas Linux > http://www.mandrake.com, http://www.debian.org
2.- Sábado 4 (18:00 – 22:00) – Macromedia Flash > http://www.macromedia.com
Animación en Flash, ActionScript e publicación para Web
3.- Domingo 5 (11:00 – 14:00) – Photoshop > http://www.adobe.es/
Uso de capas e canais alpha, retoque de imaxes, efectos 2D
4.- Domingo 5 (16:00 – 17:00) – Sistemas operativos > MacOSX, Windows, Linux, FreeBSD …
5.- Domingo 5 (17:00 – 20:00) – Edición de vídeo dixital > Apple FinalCut
Captura de vídeo, edición, transicións, compresión, audio
6.- Lúns 6 (10:00 – 14:00) – Animación 3d – ElectricImage
Nocións básicas de modelado poligonal e Nurbs
Animación 3d, texturizado, iluminación e render

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios