O Congreso Galego do Audiovisual xa ten máis 300 persoas inscritas

17

Lendo codigocero.com:
“A cadea do audiovisual galego estará presente no seu autocongreso dos días 16, 17 e 18 de decembro dende o primeiro ata o derradeiro elo. E, segundo Ignacio Otero, director xeral de Comunicación Audiovisual, a cadea é máis longa do que pode parecer a simple vista, abranguendo moitos microsectores do noso tecido económico. Otero reuniuse hoxe xoves 9 no Club Internacional de Prensa de Santiago con algunhas das persoas máis implicadas na organización do congreso. O motivo: dar a coñecer ós medios as últimas novidades do programa da xuntanza.”…


…”Por exemplo: máis de 300 persoas inscritas, masiva participación de estudantes galegos e de profesionais de toda Europa, e un orzamento de 140.000 euros, que (en palabras de Manolo Gómez, presidente da Academia Galega do Audiovisual) non é para “facer piruetas” pero co que se poden facer cousas interesantes.”…
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios