AS PONTES MANIFESTASE NA RÚA POLO SEU FUTURO

47

Onte martes, o pobo saiu á rúa nunha manifestación ás 20:00 h pola triste situación da central de Endesa e da empresa Italtel.

IMG_2564.jpg


Na manifestación, sen altercados, o pobo pediu un futuro para a central de Endesa, dada a situación actual como consecuencia da politica que o goberno central está levando sobre As Pontes fronte ao protocolo de Kioto, en comparación con outras zonas do territorio nacional, pola reducción da cuota de emisión de gases permitida en cada unha destas.

IMG_2612.jpg

O pobo tamén amosou o apoio aos traballadores de Italtel, alí presentes, que levan xa 20 días pechados no concello pola situación da súa empresa con vistas ao peche. Ao finalizar a manifestación, numerosas persoas entraron na casa consistorial a asinar unha protesta que os traballadores de Italtel levan a cabo.
IMG_2553.jpg

IMG_2568.jpg

IMG_2576.jpg

IMG_2603.jpg

IMG_2620.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios