Xa hai demarcación dixital para As Pontes

80

O amigu Cesar Galdo envíanos unha información da que temos que estar moi contentos… e recoméndanos esta lectura.
Lendo vieiros.com:
“A convocatoria do concurso para a adxucación de licenzas de emisoras dixitais vai supoñer a creación de 84 novas televisións e 132 radios dixitais en Galiza, tanto de ámbito local como galego. Iníciase en definitiva unha auténtica revolución audiovisual que terá o seu punto de partida oficial antes do verán de 2005 e, por tanto, das eleccións autonómicas, coa concesión das licenzas por parte da Xunta. É a grande oportunidade para artellar un espazo audiovisual galego. Porén, existen moitas incógnitas sobre os plans da Xunta. Cales serán os requisitos para as concesións de licenzas? Cales son os obxectivos finais? Teranse en conta os intereses da cidadanía ou primarán os aspectos comerciais?”…


…[…]… “Chama a atención o feito de que Galiza sexa, coa de Madrid, unha das primeiras comunidades en anunciar a posta en marcha do concurso para a concesión das licencias de televisión local dixital. Se ben o prazo proposto no Plan Técnico fixa en xuño de 2005 a resolución de ditos concursos, outras comunidades están agardando a aclarar aspectos que non ficaron ben definidos por dito Plan Técnico, como pode ser a distribución das demarcacións, que no caso galego deixa sen posibilidade de optar a unha concesión a concellos como o das Pontes, que ten unha televisión municipal funcionando desde hai anos e que xa se está preparando para o salto á técnica dixital.”…
Fontes: vieiros.com/noescaner, vieiros.com/noescaner/nova

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios