Dalí  Arte  Dalí Ciencia  Dalí  Soño  Dalí  Realidade  Dalí

78

Ata o 8 de Xaneiro estará no Mercado Vello de As Pontes a exposición: Dalí  Arte  Dalí Ciencia  Dalí  Soño  Dalí  Realidade  Dalí


Autoras: Rocío Chao Fernández, Marina Fernández Bouza, Rosana Fernández, Mª José Fernández Yáñez, Mª José Vergara Leonardo (Profesoras do IES Castro da Uz de As Pontes)
Esta exposición inaugurouse o 11 de maio de 2004, cando se cumprían 100 anos do nacemento de Dalí, no I.E.S. Castro da Uz de As Pontes, e foi Mención de Honra no Concurso Física + Matemáticas en acción na categoría de Divulgación Científica celebrado en setembro en Granada.
É unha exposición na que utilizando como vehículo a obra pictórica de Dalí, trátanse temas relacionados coas matemáticas, a física, a química e a música.
¿Por que Dalí? Porque este era o seu ano, pero tamén porque Dalí tiña un grande interese pola ciencia, estaba ó tanto de todos os descubrimentos científicos que se producían, relacionábase cos científicos mais importantes da súa época e sentía unha grande fascinación pola técnica.
Características da Exposición
A exposición está formada por 26 carteis de 60 x 90 cm. en vinilo sobre cartón pluma, nos que se inclúe

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios