Holanda: Fin do consumo permitido de cannabis

129

amsterdam-marijuana-cafe.jpg

O goberno holandés anunciou hoxe un cambio radical na súa política antidroga para evitar o ‘narco-turismo’ de estudantes de toda Europa.


O primeiro ministro Jan Peter Balkenende vai seguir a recomendación do comisario europeo para a Educación, o checo Ján Figel’, e os responsables do programa Erasmus de movilidade interuniversitaria, que mostraran hai pouco a súa preocupación polo rendemento escolar dos universitarios europeos. “Non podemos aturar que os coffee shops e os canutos sexan máis famosos ca os muíños de vento e os queixos de Gouda”, afirmou. “Dende o un de xaneiro, os coffee shops serán pechados ou reconvertidos en oficinas de información turística e venda de souvenirs”.
As cifras de decomisión de sustancias derivadas do cáñamo nos controis de voos e trens chegados de Holanda a Francia, Alemania ou Bélxica mostraron nos últimos anos un incremento sustancial. No caso dos voos con destino a España, “as cifras resultaron espectaculares, semella que os españois atoparon nos Países Baixos o lugar para consumir e exportar estas sustancias nocivas”, rematou o primeiro ministro Balkenende. Según os seus datos, un de cada dous españois que volve de Holanda oculta no seu corpo unha pequena dose de marihuana ou haxís.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios