A Estrada acollerá en abril a primeira edición do Foro sobre Cidades Dixitais

22

Lendo codigocero.com:
“A localidade pontevedresa da Estrada é unha das máis activas do noso país no que se refire a iniciativas relacionadas coas novas tecnoloxías. Sen ir máis lonxe, o vindeiro 19 de abril vai acoller a primeira edición do Foro sobre Cidades Dixitais, unha xuntanza a nivel europeo na que se tratarán temas como a importancia da Sociedade do Coñecemento, o software libre ou as posibilidades do acceso á Rede sen fíos (Wi-Fi). Este encontro, que se vai celebrar nun escenario de luxo (o Pazo de Oca, na imaxe), vai traer a Galicia ós responsables de tódolos proxectos de cidades dixitais de Galicia e España, diversas personalidades de renome relacionadas coa tecnoloxía e a información e membros de organismos internacionais como por exemplo a NASA.”..


Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios