Caixeiros automáticos e procesadores de texto para linguas maias

65

Lendo codigocero.com:
“As iniciativas a prol das linguas pequenas na Sociedade da Información son frecuentes, pero se cadra bótase en falla máis compromiso por parte dos gobernos dos países que están implicados, non só dos que máis saen perdendo na xogada, senón dos que se levan o primeiro premio, os de fala anglosaxona. De entre tódolos proxectos que se están a levar a cabo nos últimos meses, destacan algúns de Centroamérica como por exemplo o da Academia de Linguas Maias de Guatemala (ALMG), quen (segundo informou Galicia Hoxe), conxuntamente co Banco de Desenvolvemento Rural, está a esgotar tódalas posibilidades que brinda a tecnoloxía para que a lingua dos indíxenas k’iche non perda capacidade de resistencia precisamente por estar imposibilitada para a tecnoloxía.”…


Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios