A concurso a conectividade dos telecentros

31

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo vén de sacar a concurso público a contratación do equipamento de conectividade dos telecentros das Pontes e Vilalba. O orzamento base da licitación é de 184.772 euros.


As bases do concurso, publicado no DOG deste 1 de abril, inclúen a subministración e instalación de equipamento necesario para prestar o servizo de conectividade a través das redes públicas de acceso de banda ampla a polo menos 20 telecentros dos concellos das Pontes de García Rodríguez e Vilalba.
A data limite de presentación de ofertas é o oitavo día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia e o prazo máximo de execución, de dous meses.
Anuncio no DOG< Cláusulas administrativas
Cláusulas técnicas

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios