III Festa da Árbore e Terceira Idade en Vilarmaior

47

Os vindeiros 8 e 9 de abril terá lugar en Vilarmaior a terceira edición da Festa da Árbore e da Terceira Idade co seguinte programa:
DÍA 8 DE ABRIL:
Ás 8 da tarde teremos unha misa, a continuación cea de confraternización para a terceira idade, á que están invitados tódolos maiores de 65 anos da parroquia de Vilarmaior.
A continuación presentación da tempada 2005 da orquestra Philadelphia.
DÍA 9 DE ABRIL:
Empezamos ás 16:30 horas co recibimento de tódolos nenos/as que queiran asistir, acontinuación teremo-la plantación de árbores por tódolos rapaces asistentes, a continuación terán xogos, paiasos por unha empresa especializada.
Ás 18:30 horas, ofrecémoslles unha merenda con chocolate e chusco de pan coma antes.
Ás 19:30 horas teremo-la inauguración dun Cruceiro da Parroquia e a actuación da Coral de Alcoa.
A partires das 21:00 horas teremos unha Gran Churrascada con tódolos asistentes.
O prezo da mesma é de 8 euros por persoa e estaremos acompañados nese día polo grupo La Oca.
O campo estará cuberto por unha carpa.
As reservas de sillas e mesa na churrascada pódense facer nos seguintes teléfonos:
647309638 – RAIMUNDO
660216111- PACO
981781701- SUSO

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios