PROXECTO DE ASPANAES EN AS PONTES.

43

[RTVi-As Pontes] O alcalde pontés, Víctor Guerreiro, e os representantes de Aspanaes asinaron este mércores o convenio para a cesión da antiga residencia de enxeñeiros de Endesa, no poboado das Veigas. Neste edificio, que ata hai pouco albergou o Conservatorio de Música da Vila, e que foi utilizado tamén polos Servicios Sociais das Pontes, Aspanaes pretende crear un Centro de Educación Especial para persoas con autismo e con outros trastornos. Este edificio ten unhas dimensións considerables, con máis de 1.300 metros cadrados repartidos en dúas plantas e un entorno axardinado preto do poboado das Veigas, unha zona de vivendas unifamiliares construídas para os traballadores da antiga empresa Calvo Sotelo e logo de Endesa.


Isto significa un importante salto cualitativo e cuantitavo, xa que pasará dun centro de educación, ubicado no barrio das Campeiras, nunha antiga Escola Unitaria, que ten seis alumnos e seis profesores, a poñer en marcha un Centro de Educación Especial. O obxectivo de Aspanaes é crear diversos servicios para este colectivo, como un Servicio de Valoración, Diagnóstico e Orientación; un Centro de Día, un servicio de emprego, 2 vivendas para adultos e un servicio de ocio. Todas estas actuacións iríanse poñendo en marcha logo do traslado ó novo edificio, algo que tamén implica un aumento do persoal, que poderían alcanzar có tempo os 40 profesionais, segundo salientou o prsidente de Aspanaes, Antonio de la Iglesia.
Outro aspecto salientable deste proxecto será a posibilidade que terán os pais destes nenos de participar nun programa de respiro familiar, que lles permitirá tomarse un descanso as fins de semana ou algún periodo vacacional. Neste centro tamén se pretende facer intercambios con outras zonas, aproveitando as dimensións e o entorno do novo local.
   
A sensibilidade con este colectivo por parte do goberno local foi un dos motivos que levou ó concello a colaborar neste proxecto, segundo apuntou a Concelleira de Servicios Sociocomuniarios. Tamén lembrou a futura implantación da empresa Buroteco neste municipio, que será ademais un Centro Especial de emprego para persoas con discapacidade.
Aspanaes rematará nas próximas datas có proxecto de execución para adaptar a antiga residencia para o seu novo cometido, e logo solicitarase a licencia municipal. A directiva terá que conseguir financiamento, porque só as obras suporán xa un gasto de 620 mil euros.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios