As Fragas do Eume en Perigo

104

Os Guerrilleiros das Fragas envíannos esta nota de prensa:
O Parque natural das Fragas do Eume, a pesar da súa importancia ecolóxica está sometido a unha serie de ameazas. Un exemplo disto e o proxecto de explotación de Andalucita ( mineral que se emprega para a fabricación de refractarios) no Monte Fontardión ( Concello de As Pontes ). Cun xacemento previsto de 30,1 ha totais dos cales a metade pertence ó Parque Natural das Fragas do Eume, preténdese extraer 26 millons de toneladas de material nos próximos 54 anos.

guerrilleiros.jpg


Os trámites do proxecto estan bastante avanzados, no DOGA do 4 de Marzal sométese a información pública o proxecto sectorial de aproveitamento de Andalucita, o estudio de impacto ambiental, o plan de restauración e a declaración urxente de ocupación para a explotación na concesión promovida por Picobello Andalucita S.L.
Por outra banda, nas proximidades do lugar do Barqueiro ( concello de Cabanas ) dentro do espacio natural protexido existe o parque de maquinaria dunha empresa de construcción de estradas de dudosa legalidade, onde se realizan operacións de mantemento ( cambio de aceite,labado…) sen ningún tipo de control, aparte de almacenar material de construcción.
A debilidade da actual figura de protección agudízase no perímetro exterior do espacio protexido permitindose proxectos de elevado custo ambiental.
Grandes superficies de bosque autóctono existente no prímetro exterior do Parque Natural están expostas á degradación, sirva como exemplo a Concentración Parcelaria da parroquia de Piñeiro ( Concello de Xermade ) coa apertura de pistas polos bosques da ribeira lucense do Eume, ainda non se produciron talas de importancia pero é previsible que se repita o acontecido nas parroquias pontesas de Bermui e Ribadeume na decada dos 80, cando a causa dunha concentración parcelaria desapareceu unha paisaxe tradicional galega composta por sebes centenarias e grandes superficies de fraga
Guerrilleiros das Fragas-FEG está a favor do desenrolo das enerxías alternativas ( solar,eólica ,minihidráulica…) sempre que supoña unha reducción real das enerxias contaminantes e non se dane espacios naturais protexidos, por iso criticamos a existencia de dous proxectos de Parques Eólicos a menos de 100 m do límite do espacio natural protexido, o de Cisterna-Raño-Penafesa ( Concello de Monfero ) e o de Serra da Loba ( Concello de Guitiriz ). Ambolos dous paralizados temporalmente, o primeiro por danos no Patrimonio Cultural e o segundo por inicia-las obras sen ter superado todolos trámites.
A escasa protección da zona perimetral das Fragas do Eume afectalle especialmente a un núcleo reproductor de lobo ( Canis lupus ) asentado na zona.
A administración galega en vez de favorece-la colonización do Parque Natural por esa especie compensando os escasos danos producidos na cabana gandeira, permite o seu exterminio autorizando batidas en plena época de cría.
O anteriormente exposto xustifica a necesidade de:
– Amplia-los limites do Parque Natural das Fragas do Eume
– Dota-lo dunha partida presupuestaria seria que permita a compensación xusta ós veciños afectados polas medidas conservacionistas .
– Un aumento dos servicios de vixiancia
– A creación dun equipo de educación ambiental específico para os afectados polo espacio natural protexido.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios