X Festival da Canción vocacional

32

Celebrarase o día 23 de abril no Poboado de As Pontes, como ven facéndose desde hai dez anos.
Este ano será especial a celebración do Festival da Canción Vocacional que, desde o ano 1995, se celebra en As Pontes. O festival deste ano pretende lembrar as cancións que durante os dez anos de historia do evento acadaron primeiros premios. A novidade é que este ano non se fará o clásico concurso de edicións pasadas, polo que non haberá un gañador.
O festival quere ser unha homenaxe a cantos o fixeron posible ata hoxe, especialmente a aqueles que participaron aportando a súa música.
O lema deste ano é “Encantados de Cantalo


O festival deste ano pretende lembrar as cancións que durante os dez anos de historia do evento acadaron primeiros premios.
A novidade é que este ano non se fará o clásico concurso de edicións pasadas, polo que non haberá un gañador. O festival quere ser unha homenaxe a cantos o fixeron posible ata hoxe, especialmente a aqueles que participaron aportando a súa música.
A edición conmemorativa deste ano ten como lema “Encantados de cantalo” e invítase aos grupos que vaian participar a que os contidos das súas composicións recollan a ledicia e o agradecemento por estes dez anos de música compartida.
Polo que respecta ás composicións que se presenten este ano, dicir que a música e a letra deben ser orixinais e que a instrumentación é libre.
Para poder participar hai que inscribirse antes do día oito de abril enviando á organización o nome do grupo e mailo seu responsable, o título da canción e maila letra e os acordes da mesma.
Coma en anos pasados hai dúas categorías, infantil e xuvenil. Máis información pode conseguirse no enderezo electrónico pastoralv@yahoo.es 

fc1a.jpg
BASES DO X FESTIVAL DA CANCIÓN VOCACIONAL

1.- A canción debe ter unha mensaxe vocacional e conmemorativa destos dez anos de vida do festival, co lema “Encantados de cantalo”. Entendido este lema como unha ampla mensaxe sobre a alegría que nos produce celebrar estos dez anos de vida. Lembrarvos que a canción que presentedes non ten por que titularse así, senón que debe levar como transfondo unha acción de gracias e de alegría por esta década compartida.
2.- A letra e a música deben de ser orixinais. O tempo de duración non debe de superar os catro minutos.
3.- As composicións poden ser en Galego ou en Castelán.
4.- A participación será:
* Infantil (ata 14 anos)
* Xuvenil (de 15 en adiante)
5.- A instrumentación é libre.
6.- Ninguén pode participar en máis dun grupo.
7.- Só se poderá presentar unha canción a nivel individual, dual ou grupal (os que gañástedes algunha vez, só unha canción a parte da gañadora)
8.- Tódolos concursantes deben de comunicar por escrito ou por mail a súa participación, adxuntando:
* Nome do grupo, nº de compoñentes, lugar de procedencia e nivel
* Nome e dirección do responsable do grupo
* Título da canción
* Copia da letra xunto cos acordes da mesma
* Nesta ocasión non fai falla enviar a grabación da canción.
Todo isto enviarase antes do 19 de abril de 2005 a:
X FESTIVAL DA CANCIÓN VOCACIONAL
PRAZA DO SEMINARIO, 1
27740 MONDOÑEDO (LUGO)
ou á nosa dirección de correo electrónico: pastoralv@yahoo.es
9.- LEMBRADE: NON TEREMOS CONCURSO, SÓ FESTIVAL
10.- Queremos recalcar algo importante: os grupos participantes deben de levar ós seus responsables que estarán atentos a eles e participarán xuntos en toda a Xornada de Encontro-Convivencia na que se enmarca o Festival.
11.- DUAS HORAS A TER EN CONTA:
* 10:00: Acollida
* 20:30 aprox: Despedida
Nada máis, ata o 23 de Abril. na Igrexa do Poboado en As Pontes.
Contade co noso esforzo e colaboración no que precisedes.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios