Imaxin presentará a finais de ano a ferramenta Opentrad, un sistema de tradución para as catro linguas de España

29

Lendo codigocero.com:
“A tradución automática é un dos eidos de maior proxección no sector tecnolóxico, agora que tódolos pobos queren e deben estar en Internet co seu idioma. Galicia, como país con lingua propia, non está a quedar á marxe. De feito, a firma galega imaxin e a Universidade de Vigo estiveron a traballar cun consorcio de empresas e institucións educativas na elaboración dun sistema de tradución automática para as catro linguas oficiais de España en software de código aberto. Trátase, segundo fixeron saber os responsables da empresa galega (que é unha das impulsoras da iniciativa) a Código Cero, dun programa que poderá ser descargado de balde e que traduce textos enteiros dende o castelán a calquera das outras linguas oficiais do país.”…


Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios