O CEIDA inaugura en Galicia a exposición ‘El Rey de los Monos’

26

Chéganos unha nota de prensa do CEIDA de Oleiros que reproducimos íntegra:
O acto de inauguración contará coa asistencia de representantes das
institucións patrocinadoras: a Fundación de Cultura y Deporte de Castilla-
La Mancha, a Deputación da Coruña, a Consellería de Medio Ambiente da Xunta
de Galicia, a Universidade da Coruña, o Concello de Oleiros e Caixanova.


A exposición é unha mostra de antropoloxía, que vai dende o nexo común entre
simios e humanos, por toda a nosa propia línea evolutiva, ata nós. Consta
dunha selección de 23 paneis (que explican e as características das especies
do xénero Homo e os distintos xacementos de fósiles de homínidos mundiais),
de 9 vitrinas (con réplicas de cranios que permiten comparar os distintos
estadios da evolución dos homínidos) e de 8 reproduccións en cartón pluma e
a tamaño real de parellas dos nosos antecesores.
Durante o tempo que permaneza a exposición, o CEIDA, con cita previa, pon a
dispoñibilidade dos centros de ensino un grupo de monitores para facilitar o
percorrido pola exposición, a través dunha visita guiada.
A exposición, que permanecerá nas salas do Castelo de Santa Cruz ata finais
de maio, ten o seguinte horario de visitas:
De luns a venres de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
Os sábados de 11:30 a 14 horas.
CEIDA Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Castelo de Santa Cruz s/n 15179 Liáns Oleiros
Tel. 981 630 618 Fax. 981 614 443
ceida.org
ceida@ceida.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios