O Senado aproba a abolición do canon dixital

102

Lendo elotrolado.net:
“Fai tan só uns minutos que tivo lugar a votación da proposición do Grupo Popular no Senado para modificar a LPI excluíndo os soportes dixitais da compensación por copia privada. O resultado foi unha axustada victoria, 120 votos a favor frente a 119 en contra, co que queda aprobada a proposta e será trasladada para o seu debate no Parlamento.”…
…”É un paso moi importante para acabar co canon indiscriminado sobre cds e dvds e outros futuros cánones inxustos, pero aínda queda camiño por percorrer. A batalla está agora en facer chegar este problema a toda a sociedade para meter presión no Congreso, os partidarios do canon xa moveron ficha.
A ACAM (quen se non) fíxose eco da nova, pero afirmando que o resultado positivo foi por culpa dun senador socialista que se equivocou de botón (tamén publican a súa foto, só falta a recompensa). Informan ademáis que tódolos grupos do Senado a excepción do PP votaron en contra, e anticipan que a proposta non será aprobada no Congreso porque non a apoiará nin o propio Grupo Parlamentario Popular.”…


Fonte: elotrolado.net

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios