O CEIDA organiza un seminario sobre xestión e planificación de espazos naturais

35

Chéganos outra nota do CEIDA de Oleiros:
O CEIDA organiza un seminario sobre _Xestión e Planificación de Espazos Naturais. Terá lugar no Castelo de Santa Cruz os días 30 e 31 de maio. Dito seminario está promovido pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
O obxectivo deste curso é a presentación do borrador dun manual que establece as bases para a redacción dos Plans Rectores de Uso e Xestión (PRUG) nos espazos naturais protexidos galegos. Trátase de alcanzar un documento consensuado que permita fixar para os futuros PRUG unha liña de coherencia entre todos os espazos naturais de Galicia.


O seminario vai dirixido a directores de parques, técnicos da Consellería de Medio Ambiente, profesionais de empresas relacionadas co sector e interesados na conservación.
No seminario desenvolverase o seguinte programa:
O luns, día 30, Javier Flores Sanz, Enxeñeiro de Montes (TRAGSATEC), fará unha presentación do borrador da guía metodolóxica para a elaboración dos PRUGs en Galicia, pola tarde Carles Castell Puig, Xefe de Servizo de Parques da Deputación de Barcelona, falará sobre os plans de investigación e Francisco Guerra Rosado, director técnico de Servicios de Educación y Estudios Ambientales S.L (SEEDA), tratará os plans de uso público. O martes Ángel Fernández, director do Parque Nacional de Garajonay porá como exemplo de plan de conservación o Parque Nacional de Garajonay, Jordi Sargatal, da Fundació Territori i Paisatge de Cataluña, relatará a custodia do territorio e para rematar Mª Belén Bris Marino, xefa de servizo de Conservación de Espazos Naturais, desenvolverá un taller e posta en común de experiencias.
O custe do seminario é de 20 euros.
Para matricularse ou para máis información poñerse en contacto co CEIDA a través do número de teléfono 981 630 618.
CEIDA Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Castelo de Santa Cruz s/n 15179 Liáns Oleiros
Tel. 981 630 618
Fax. 981 614 443
www.ceida.org
ceida@ceida.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios