Vilas Dixitais participa no Foro de Ciudades Digitales

69

Vilas Dixitais estará presente no II Foro de Ciudades Digitales, que se celebrará en Teruel durante esta semana, e no que representantes dos proxectos municipais máis destacados ao respecto da sociedade da información compartirán as súas experiencias.


O II Foro de Ciudades Digitales desenvolverase entre os días 31 de maio e 2 de xuño en Teruel e vai servir para poñer en común as experiencias de todos os proxectos de cidade dixital que actualmente se levan a cabo nas distintas comunidades e cidades autónomas e para continuar avanzando na implantación da sociedade da información.
Este encontro está organizado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o Goberno de Aragón, a Diputación Provincial de Teruel e o Concello de Teruel.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios