¿Queres ver e probar un GNU/Linux?

48

Lendo agnix.org:
“Se aínda non fuches quen de ver ou probar como é un escritorio GNU/Linux porque aínda soportas a escravitude dalgún sistema operativo privativo, estás de sorte!
Nin sequera tes que andar a configurar a BIOS do teu computador para probar os moitos cds-vivos coma o GNIX porque agora só tes que premer nunha ligazón.”…


…”Open Source Region-Stuttgart dispón dun método para esta excursión segura polo Software Libre (empregando https). Basicamente está pensado para a xente usuaria de M$ Windows porque deberá descargar un arquivo executable (Democenter-english.exe) que fará todo o traballo.
Os usuarios de Mac ou GNU/Linux tamén o poderán facer aínda que seguindo estoutros pasos amosados nesta ligazón.
O escritorio que ofrece é un KDE 3.3 con OpenOffice.org, navegador Firefox, xestor de correo-e Thunderbird, o manipulador de imaxes GIMP, etc.
Feita esta introducción, xa podes comezar a túa viaxe premendo aquí.
A páxina onde tes todo isto é esta.”…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios