Julio César Hernández fala en Santiago dos métodos para distinguir na Rede a unha persoa dun robot

56

Lendo codigocero.com:
“Na película Blade Runner de Ridley Scott preséntasenos unha sociedade do futuro e un equipo de policías especializados en distinguir ós humanos das máquinas mediante tests de afectividade (¿que sentirías se chegases a casa e atopases a túa mascota morta?).[…] Hernández recordoulles a tódolos presentes que cando se rexistran nun servizo de correo electrónico como Yahoo! e se lles pide que distingan unhas letras que veñen deformadas están facendo, se cadra sen sabelo, un sinxelo test para diferencialos do robots que actúan en Internet.”…


…”A pregunta que se pode facer o usuario é a seguinte: ¿Por que hai máquinas actuando en Internet facéndose pasar por persoas? O certo é que, que se saiba, non actúan por conta propia, pero son sistemas que realizan rexistros masivos de contas de correo electrónico e que son moi vantaxosos para enviar correo lixo indiscriminadamente a todo o mundo. As ferramentas (letras distorsionadas, sobre todo) que separan o humano do robótico son os captchas, uns sistemas que se basean no seguinte: o que é doado para un ser humano non o é para un robot, e viceversa. Segundo Julio Hernández, “é curioso como habilidades que tradicionalmente se consideraban debedoras da intelixencia, como a diagnose médica ou o xadrez, están hoxe en día baixo o dominio das máquinas.”…
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios