¿Linux no procesador Cell?

55

Lendo agnix.org:
“Na conferencia anual de Linux (LinuxTag) que se celebra en Alemaña este mes de xuño, entre os días 22 e 23,no Messe- und Kongresszentrum da cidade de Karlsruhe, Arnd Bergmann de IBM falará sobre …o modelo de programación dos procesadores Cell baixo Linux, e o Kernel de Linux no primeiro procesador Cell.
Non se trata só de facer funcionar o procesador en Linux, iso non é moi complicado, pois o procesador Cell é similar ó PowerPC de Apple ou aos pSeries de IBM; senon de aproveitar as grandes capacidades de cálculo.”…


…”Como xa comentamos en AGNIX, o novo super-procesador desenvolvido por Sony, Toshiba e IBM está a ter moita prensa. Xa é máis ca o procesador que está nas novas PS3 de Sony.
Na conferencia propónse un modelo para programar as bibliotecas e as chamadas ó kernel de Linux que permita integrarse ben coas chamadas actuais de Linux e sacar partido da capacidade multiproceso de Cell.”…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios