NXconecta 2005

60

Lendo agnix.org:
“Comeza a conta atrás para a que será a Party máis longa de todo o mundo. Falta menos dun mes e durará nada máis e nada menos ca 8 dias, 7 noites, dende o 2 ao 9 de xullo de 2005 en Vigo.
Para este ano 2005, GALPon.org ofrecerá o acceso completamente gratuito a esta Party (non inclúe as comidas) a tódolos socios de asociacións que defendan o Software Libre. Sólo hai un límite, 100 prazas.”…


…”Na pasada edición de 2004, GALPon.org xunto á Organización ofreceron comida gratis tódolos dias da Party no restaurante do recinto ferial. Estivo xente de varios grupos coma Hispalinux, GULO, GPUL e AGNIX.
Este ano 2005 GALPon.org levará adiante os talleres prácticos de GNU/Linux e, é por isto polo que se invita a tódalas asociacións que defendan o Software Libre a asistir a esta Party.
Información para o acceso gratuito á NXConecta 2005.
Información dos obradorios de GNU/Linux na NXConecta 2005. Ademais, para os estudiantes da Universidade de Vigo, ofrecerase un crédito de Libre Elección para os asistentes ao “Foro Tecnoatlántico”.
Outro crédito máis de Libre Elección, pero neste caso para TODAS as Universidades galegas será para aqueles que asistan ao “Curso de redes Wi-Fi”.
Máis información en: www.nxconecta.com e www.galpon.org“…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios