Dreamworks con GNU/Linux

47

Lendo agnix.org:
“O león Alex, principal personaxe da película da Dreamworks titulada “Madagascar”, ten preto de 50 mil cabelos na súa testa e 1,7 millóns deles espallados por todo o seu corpo.
Só co exemplo anterior pode bastar para comprender que as novas esixenzas das súas estacións de traballo gráficas tiveran que dobrar o seu rendemento respecto das empregadas por “Shrek 2”. E, aínda cobertas estas novas esixenzas, o traballo precisou de catro anos dende a súa concepción incicial.”…

madalex.jpg


…”Para dar vida a esta longametraxe, os productores empregaron estacións xw8000 de alto rendemento da HP, con GNU/Linux, concretamente levaron Red Hat Linux 3, dobre procesador Intel Xeon 2,8 Ghz, placa de video nVidia Quadro 4 XGL, 2 GB de memoria RAM e monitores dobres.
Con elas gañaron autonomía para probar secuencias curtas sen ter que mandalas cara os servidores de HP Labs, en Palo Alto (California). Entre os servidores están o HP 425 ProLiant DL-360 (con procesador dobre 2,8 GHz P4 con 4 GB de RAM) e o HP 250 ProLiant DL-145 (con procesador dobre 2,4 GHz AMD Opteron con 4 GB de RAM).
Isto foi posible grazas a Nathan Wilson, que traballaba na Dreamworks e iniciou a migración cara GNU/Linux.
Alguén segue dubidando se o Software Libre non é apto para deseño?
Máis iformación e maila fonte.”…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios