Un estudio determina unha doenza coñecida coma polgar de PlayStation

135

Lendo codigocero.com:
“Unha rapaza de 13 anos, Safura Abdool Karim, conseguiu ser a autora máis nova en publicar un artigo na principal revista médica de Sudáfrica grazas a unha investigación titulada “PlayStation Thumb” (polgar de PlayStation).
O estudio realizado parte de entrevistas a 120 dos antigos compañeiros de escola de Safura, para un proxecto de ciencia sobre os problemas que sufrían os rapaces tras xogar coa consola, e atoparon síntomas de entumecemento, formigueo e incluso ampolas, especialmente no dedo polgar. O caso sería moi semellante ó da lesión por movementos repetitivos (que se da habitualmente en adultos, mentres que a doenza detectada afecta especialmente ós máis cativos).”…


Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios