Nova edición do salón MITE empeza esta semana

55

Chéganos unha nota do MITE (Mercado da Información e as Tecnoloxías) na que se nos informa da súa edición deste ano. Terá lugar no recinto da Feira Internacional de Galicia do 30 de xuño ó 3 de xullo.
É un evento dirixido a profesionais e público en xeral, pretende ser un punto de encontro dos principais axentes do sector, escaparate das últimas novidades tecnolóxicas, e plataforma de negocio dun mercado emerxente e con gran potencial de desenvolvemento.


Ademáis da área expositiva, organizan unhas xornadas paralelas que son un complemento da exposición.
ERP: solucións integrais para a planificación de recursos da empresa.
LOCALIZACIÓN DE FLOTAS: solucións para o control de flotas- GPS, control da actividade no transporte.
MOBILITY: Solucións de informática móvil, PDA’S, solucións a medida.
ALMACEAMENTO: hardware con novas capacidades, maior caché e mellores prestacións.
RFID: Revolución no etiquetado e identificación lóxica de productos.
CAPTURA DE DATOS EN PLANTA: solucións de supervisión, control, adquisición de datos- SCADA
SEGURIDADE NA REDE.
COMPARACIÓN DE SISTEMAS OPERATIVOS: WINDOWS vs LINUX.
LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS.
XESTIÓN DOCUMENTAL.
XORNADAS 3D E POSTPRODUCCIÓN DE CINE/TV.
DOMÓTICA.
PROGRAMA PROPEME.
OFERTA TECNOLÓXICA DOS CENTROS TECNOLÓXICOS GALEGOS
Podedes recolle-lo programa de actividades en formato .pdf nesta ligazón (692kb).
Máis información en feira-galicia.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios