Novas dende MITE: a tecnoloxía une

83

Lendo codigocero.com:
“Chegamos ó ecuador de MITE e practicamente os poucos participantes que quedaban sen coñecerse, xa se coñeceron. Nas feiras tecnolóxicas como a que está a organizar estes días a Feira Internacional de Galicia todo está disposto para que se cree un mapa intrincado de contactos. En encontros como MITE un case podería pensar que coa liña invisible que une a tódolos asistentes se pode chegar a calquera asistente de calquera salón de calquera comunidade. Algo así como unha situación na que tódalas persoas levasen unha tarxeta na solapa con ligazóns para linquear. En Código fomos coa revista en papel como carta de presentación e sempre había temas que levaban a outros temas e nomes propios que nos facían volver ó punto de partida.”…


Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios