Un proxecto leva o Mac OS X ós PC

32

Lendo codigocero.com:
“O anuncio do abandono por parte de Apple dos procesadores PowerPC en favor dos Intel levou a moitos hackers de todo o mundo a interesarse no sistema operativo Mac OS X e na súa execución en sistemas PC. Así, parece que xa lograron crackear a protección incorporada no S.O. para evitar a súa execución en sistemas que non sexan de Apple.
O Mac OS X trucado para funcionar en ordenadores PC alcumouse coma OSx86, que se distribúe especialmente a través de redes P2P coma BitTorrent, aínda que hai que ter en conta que se trata dun produto ilegal que se basea no uso de programas piratas.”…


…”Polo momento xa conseguiron executar o sistema operativo de Apple tanto en portátiles coma en sobremesas, e tanto en equipos con microprocesadores Intel como AMD. Incluso chegan a asegurar que o OSx86 ten un rendemento superior nun PC que o Mac OS X nun ordenador actual de Apple. De feito, de prosperar esta solución software podería supor un duro golpe a Apple, xa que as vendas do seu hardware se verían claramente danadas.”…
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios