A Fraga abandoada

32

15 días despois… ¿ PARECIDOS RAZONABLES ? busca as diferencias…

afraga.jpg

15 días despois de ir expresamente á policia local a deixar aviso de que voluntarios das Pontes estiveron limpando un ratiño o parque o 20 de agosto, e que se deixara a basura xunto con puntais nun montón, para posterior recollida por parte do concello… podemos observar que o unico que se fixo foi que alguén decidiu apropiarse dos puntais e os levou, e que desapareceu a bobina de madeira de cableado, despois de ser visto uns dias a rolos polo parque… non sabemos onde está, quizais polo río, pero non o sabemos. O RESTO DO LIXO ALÍ SEGUE.


Señores do Concello, nen sequera sirve que recollan voluntarios por vostedes ¿? Intentando ter un parque digno e limpo todo o ano…
Tamén se pode observar nas seguintes fotografias, como non só non se recolleu a basura da que se avisou expresamente (o día do xa famoso sofá fotografiado en todo o pobo, 20 agosto 2005), senón que tampouco se puxo nengún remedio ao resto de lixo nen á “microbasura” do chan da Fraga, que cada ano vai a peor ademais de acumularse sobre o de todos os anos anteriores.
Sen esaxerar podemos observar millóns de cristais por todo o parque, miles de chapas, plásticos pequenos e materiais diversos, formando xunto coa terra morta unha capa compacta, seca e inerte cubrindo o chan da Fraga; suponse que non moi bon para as árbores e a excasa herba, e menos para a xente que desfruta do parque, e os cativiños que intenten xogar, ou divertirse sen cortarse cun vidro ou romper unha perna nun dos centos de furados do totalmente irregular chan.
As fotografías falan soas. Se ides pola fraga, (baixade do coche… e) dade un paseo de 5 minutos polas distintas zonas.
Non esquezamos o asunto, non nos durmamos, e loitemos por un parque millor e unha Festa da Fraga respetuosa e limpa. Falta pouco para a 1ª revisión da tamén famosa Proposta, podemos organizar un debate na casa Dopeso ou outro lugar, aberto a todolos cidadáns, para lela, e opinar sobre os distintos puntos, podendo modificarse intentando chegar a un acordo mutuo todos. Para finalmente presentar ao noso Concello.
Xente do Pobo

Fotos do 20 de Agosto do 2005
CRW_9111.jpg
CRW_9112.jpg
CRW_9114.jpg
CRW_9115.jpg

Fotos do 5 de Setembro do 2005
CRW_9229.jpg
CRW_9236.jpg
CRW_9238.jpg
CRW_9239.jpg
CRW_9243.jpg
CRW_9245.jpg
CRW_9246.jpg
CRW_9247.jpg
CRW_9249.jpg
CRW_9251.jpg
CRW_9254.jpg
CRW_9255.jpg
CRW_9258.jpg
CRW_9259.jpg
CRW_9260.jpg

Nova relacionada: A XENTE DO POBO NON QUERE UNHA FESTA DA FRAGA ASÍ

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios