Carrilanas en Arteixo

70

Envíannos dende Arteixo información sobre unha carreira de carrilanas que están a organizar.
Será o vindeiro 15 de outubro, e estará enmarcada na Feira Histórica 1900.
Gracias Paula 🙂


CARRILANAS
Este ano celebrase en Arteixo a sexta edición da Feira Histórica 1900, na que imos contar unha vez máis cunha máis que interesante carereira de carrilanas, ou zorras, como son chamadas por estes lares, e que terá lugar o sábado 15 de Outubro. Agardamos contar con moita afluencia de participantes para tan interesante evento lúdico-deportivo.
Á cita das carrilanas, polo tanto, quedades convidados a participar, e para poder facelo tedes que inscribirvos antes do 11 de Outubro no Servizo Municipal de Deportes do Concello de Arteixo (Edificio de Servicios Múltiples), ou ben chamando ó número de teléfono 981 60 00 09, EXT 204 (DEPORTES). Onde tamén podedes pedir máis información. A condición para participar é ter cumpridos os 18 anos anos de idade, así como formaliza-la inscripción no prazo marcado pola organización.
A carreira disputarase en dúas modalidades; unha proba para carrilanas tradicionais (de madeira), e outra na que participen carrilanas de modelo libre.
Modelo tradicional ( de madeira )
O chasis , eixos e rodas, serán de madeira. Non se permiten casquillos, rodamentos nin similares entre a roda e o eixo, permitíndose calquera tipo de engraxe. As pezas que sexan móviles deben de ser de madeira. Deberá xirar madeira contra madeira, as rodas non poden ir provistas con ningún tipo de cámara de aire, aínda que sí poderán recubrirse con gomas cravadas ou pegadas para facer máis segura a baixada. O sistema de freada é libre, por razóns de seguridade recomendamos que o fagades o máis sinxelo e seguro posible. É importante que as carrilanas presenten unhas mínimas garantías de seguridade, de non ser así poderán ser excluídas da carreira por parte da organización.
Medidas:
a)Lonxitude máxima 3,5 metros
b)Ancho máximo de 1,75 metros
c)Diámetro de roda máximo de 50 centímetros
Modelo libre:
Nesta categoría tomarán parte todas aquelas carrilanas que estén feitas con calquera tipo de materiais, combinados de calquera maneira.
En calquera das dúas modalidades é obrigatorio o uso do casco, accesorio imprescindible para participar.
En ambas modalidades, as carrilanas non deben ter ningún medio de propulsión que non sexa a súa propia inercia, ou a axuda dos pilotos.
CARREIRA
– Realizarase unha primeira quenda de toma de tempos entre os participantes, que sairán nunha orde de saída a criterio da organización.
– A segunda quenda realizarase en grupos , segundo os tempos acadados na primeira. Esta segunda serie é a que decidirá os postos da clasificación final.
– Nesta segunda quenda non coincidirán ó mesmo tempo carrilanas tradicionais e de modelo libre
– As carrilanas poden ser inspeccionadas antes, durante ou despois da proba, a estimación da propia organización. Podéndose desmonta-las rodas para comproba-los eixos ou o material.
– Non se permiten comportamentos antideportivos por parte dos participantes, o que será motivo automático de descalificación.
– Débense presentar os pilotos inscritos previamente e non outros, debendo estes presentar o DNI no caso de que lles sexa requerido por parte da organización, para comproba-la idade.
– Non pode participar ninguna carrilana que non esté previamente inscrita.
– A organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se o estimase oportuno.
Lembrar que haberá premios á carrilana máis veloz, e á máis bonita ou mellor confeccionada, dentro da modalidade de carrilanas de madeira.
Na categoría de carrilanas de modelo libre , non se outorgarán premios en metálico nin trofeos.
Por outra parte agradeceriamosche que difundiras esta información a quen lle pudiera interesar. Do mesmo xeito estamos abertos a calquera tipo de suxestión, e á vosa disposición para resolver calquera tipo de dúbida.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios