Verquido no río Eume

54

Os Guerrilleiros das Fragas envíannos este escrito de denuncia sobre un verquido realizado no Eume o pasado xoves e sobre a súa actual situación de degradación.

Unha vez máis o río eume ven de sufrir unha nova agresión, o triste acontecemento do pasado xoves onde un verquido, problamente de algún axente químico ou augas profundas do encoro da Ribeira, segou a vida do Eume, as tristes imaxes que se poideron ver de miles de peixes mortos non son máis que a mostra da fraxilidade dun medio, que día a día está a ver deteriorada a súa calidade ambiental.
Pouco importa se o verquido, que trouxo a morte ao Eume, foi accidental ou unha neglixencia, o que amosa e o desprezo e falta de respeto co que as grandes empresas eléctricas teñen cos recursos naturais, é probable que o verquido que do pasado xoves sexa sancionado cunha simbólica sanción económica a destrucción do patrímonio natural, patrimonio que é público e común, que para a entidade a pagar será pouco máis que ter que dar unha esmola.
O Eume, río vertebrador de ecosistemas dunha importancia tal que mereceron o recoñecemento da comunidade científica europea, ao seu paso pola vila das Pontes ten que ver como o seu cauce está convertido unha cloaca ante a pasividade a deixación de funcións das administracións, que ano tras ano deixan sen acometer o saneamento e depuración dos efluentes que a nosa vila verte ao río, aínda que a administración autonómica leva anos cobrando aos veciños e veciñas das Pontes este servizo que non presta, pero esta non é a única agresión que ten que sufrir o Eume, as súas ribeiras sofren unha
degradación constante onde a erosión e perda da vexetación riparia das mesmas poden convertir en non moito tempo ao Eume en unha simple canle, sen embargo ninguen pon en marcha as medidas necesarias para por freo a esta degradación. Se todo isto non fose por se mesmo gravísimo o Eume ten que ver como proximamente, gran parte do seu caudal lle será retirado para acometer a restauración da explotación mineira, que traerá asociada unha degradación maior do río ao dispor de unha menor cantidade de auga na que diluir as importantes cargas contaminantes que recibe.
Desde Guerrilleir@s das Fragas-FEG esperamos e esiximos que este este triste episodio sufrido polo Eume sexa aclarado, e que desde o Concello das Pontes, Xunta de Galicia e ENDESA se presenten as causas do incidente e se depuren responsabilidades, e que dunha por todas o Eume reciba a atención que merece e as inversión que precisa, sobre todo nun momento en que nas súas ribeiras se propoñen e executan inversións que suman ducias de centos de millóns de euros.
Por un río vivo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios