As emisoras municipais galegas inician a programación conxunta (radiofusión)

62

Lendo agnix.org:
“As Emisoras Municipais Galegas comenzan este luns unha programación conxunta. Os espacios iniciaránse as sete da tarde e levan como nome RADIOFUSIÓN. Conectaránse xa este luns cos espacios conxuntos Radio Allariz, Radio Redondela, Radio Tui, Radio Negreira, Radio Arzúa, Radio Eume (As Pontes), Radio Fene e Radio Foz. EMUGA indica que nos vindeiros dias iránse sumando novas emisoras ao proxecto ata superar as 25 estacións.”…


…”A programación conxunta vai enfocada fundamentalmente a unha audiencia ‘xove’, ainda que sen despreciar ointes doutras franxas de idade.
Un dos novos espacios será o programa misceláneo que co título de ‘Entrada libre’ se prolongará dende as sete da tarde ata as nove e media da noite. Conducirán o espacio os xornalistas Belén Regueira –ex presentadora do espacio da TVG “Chambo” e Tomás Lijó. O programa combinará contidos musicais, axenda cultural, entrevistas e conexións con galegos que viven en calquera parte do mundo. Intentarán impregnar o espacio de humor para conseguir un programa dinámico e divertido.
Entre as 21,30 e as 22,30, o xornalista Leo Toral repasará a actualidade informativa da xornada contando con corresponsais nas cidades de Vigo, Santiago e A Coruña. EMUGA proxecta extender a curto prazo a rede de correspondentes á totalidade das urbes galegas.
A posta en marcha desta programación é unha experiencia insólita en Galicia. As emisoras municipais suman esforzos para aproveitar novos recursos e ofrecer uns espacios de máxima calidade, sen por iso renunciar ao carácter local. Ademais configuráse un espacio radiofónico enfocado directamente á xuventude. Cada unha das radios locais continuará a emitir a súa programación propia en horario de mañá e intercalará as súas noticias en desconexións da programación conxunta.”…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios