Linux Standard Base Desktop Project

25

Lendo agnix.org:
“Free Standards Group, ente non lucrativo que busca a creación e implementación de estándares en GNU/Linux, xunto coa LSB (Linux Standard Base) anunciaron hoxe o nacemento da iniciativa LSB Desktop Project. Con el preténdese acadar a estandarización na administración dos escritorios emailos procedementos de instalación.”…


…”Algúns dos participantes neste grupo son: Adobe Systems, Hewlett-Packard, IBM, Intel, Novell, RealNetworks, Linspire, Mandriva, Trolltech ou Red Hat. Tratarán de solucionar as disparidades existentes entre escritorios, principalmente entre os máis coñecidos e empregados deles, Gnome e Kde.
Procuran a estandarizar tanto das librerías que se usan nos escritorios coma tamén extender as especificacións do empaquetado das aplicacións até os seus procedimientos de instalación. Isto poderá significar un aforro moi grande en esforzos á hora de migrar ou crear software para GNU/Linux.”…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios