A Galipedia chega ós 10.000 artigos

113

Lendo codigocero.com:
“O 13 de novembro a Galipedia, a versión en galego da Wikipedia, chegou aos 10.000 artigos grazas ao esforzo de ducias de voluntarios. O proxecto enmárcase nun proxecto internacional que ten como propósito facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en múltiples idiomas.
O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a todo o que estea interesado en contribuír, ben escribindo artigos novos, ou ben corrixindo e ampliando os que xa existen.”…


…”O sistema para editar na Galipedia é sinxelo, é un wiki e os wikis permiten que calquera persoa poida editar as páxinas, o conxunto de colaboradores revisa toda edición nova (existe unha páxina que informa de todo o que sucede no wiki) garantindo así que calquera edición non apropiada, inexacta ou vandálica desapareza nun curto espazo de tempo. As decisións sobre o funcionamento da enciclopedia son froito do consenso, é a comunidade quen decide en base aos principios fundadores do proxecto expresados polo fundador da Wikipedia, Jimbo Wales.”…
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios