¿queres ter un escolar extranxeiro na tua casa?

75

Interway é unha empresa española fundada en 1981 co fin de desenrrolar programas de intercambio entre estudiantes dos Estados Unidos e España. Esta empresa púxose en contacto con ABRENTE para ofrecernos a posibilidade de colaborar con eles. Esta colaboración consistiría en acoller estudiantes americanos, concretamente procedentes de Parkway South High School de Missouri, entre 15 e 18 anos nas datas do 22 ó 29 de Marzo do 2006.


Durante ese tempo as familias interesadas en acollelos terían que facerse cargo da súa manutención e aloxamento. Tamén asistirían ás clases cos rapaces da familia acolledora, sempre que os directores e profesores dos centros estivesen dispostos a colaborar co programa.
Para máis información sobre o programa e os estudiantes que participan nel pódense poñer en contacto con:
Patricia, coordinadora do programa, 678466120, ou nos telefonos de ABRENTE: 659652372, 659648742, 679189564.
Nas APAS do seu colexio ou Instituto tamén lle poden facilitar información.
A data límite para acollerse a este programa sería o xoves 12 de Xaneiro de 2006.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios