A Web ofrece cumprida información sobre o que nos depara 2006 en materia tecnolóxica

96

Lendo codigocero.com:
“Chega a hora (inevitable) de mirar cara diante e albiscar, entre néboas de incerteza, o que nos vai deparar 2006 en materia de tecnoloxías da información. Que ninguén pense que é tarefa doada, o feito de prognosticar. Córrese o risco de caer en xeneralidades como a de dicir que en 2006 vai haber guerras, catástrofes naturais, fame, emigración e cambios climáticos. Todo isto, por desgraza, xa se dá por sentado. Non, había que ir un pouco máis alá, ata onde os nosos cerebros nos permitiran. Unha vez constatado o feito de que tampouco dábamos para máis, fixemos o que se soe facer máis habitualmente nestes casos: mirar o que din os outros. No eCuaderno de José Luis Orihuela abríusenos a mente, e tamén en Baquia.com e noutras páxinas e servizos que son, estes días, como xanelas ó futuro.”…


Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios