EUROEUME CONVOCA “MESA SECTORIAL DE ENTIDADES E MELLORA DE CALIDADE DE VIDA”

62

O sábado 14 de xaneiro, ás 11.00 horas, no local da AAVV As Campeiras de As Pontes, celébrase unha nova convocatoria da “Mesa Sectorial de Asociacións e mellora de calidade de vida”. Esta reunión está aberta a tódalas asociacións e persoas interesadas no desenvolvemento do territorio que abrangue a asociación: A Capela, As Somozas, As Pontes, Cabanas, Pontedeume, Monfero, Moeche, San Sadurniño e Vilarmaior.


A orde do día contempla o tratamento de catro puntos relacionados con proxectos impulsados desde Euroeume, en base ás iniciativas propostas por esta mesa: A posta en marcha dunha publicación comarcal enmarcado nun proxecto de cooperación interterritorial; a organización dun programa formativo para o “Programa Xestora”, programa creado pola Deputación de A Coruña pensado para a xestión de entidades non lucrativas; o inicio da elaboración da Axenda 21 levada a cabo pola Consultora Cidadanía , e a evolución do proxecto de Memoria Histórica e Oral do territorio, que está a elaborar a empresa Ocho Mares. Ademais destes temas tratarase tamén a proposta de renovación de cargos na Xunta Directiva.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios