EXPOSICION MATEMÁTICAS PARA DISFRUTAR da Asociación Galega de profesores de Educación matemática.

23

O  Concello das Pontes  a través da Concellería de Cultura , incluiu dentro da programación de exposicións para este novo ano unha exposición que creemos de interese para o público en xeral e moi en particular para os alumnos e profesorado dos centros das Pontes.

matematicas.jpg


Matemáticas para disfrutar itinirouse por moitos concellos de Galicia, nesta mostra ademais das visitas de escolares recibiron a aprobación do público de tódalas idades que se achegou as matemáticas a través de xogos.
Tal e como se fixo noutras ocasións esta exposición estará aberta en horario de mañá para visitas de centros escolares e para o público en xeral polas tardes.; Nela o público contará cun guía que lles explicará o material que nela se amosa.
MATEMÁTICAS PARA DISFRUTAR
O visitante atopará nela un conxunto de mesas temáticas que foron concibidas e deseñadas na súa maioría por pro–fesores desa Comunidade. Foi inaugurada no mes de febreiro de 2000 durante a celebración das XX Jornadas da citada sociedade.
En cada mesa hai materiais manipulables acompañados de patróns que lle explicarán con claridade que debe facer con eles e qué tipo de problema ou problemas debe resolver. Vostede debe intentalo sen complexos nin temores pois están pensados para que sexan resoltos sen necesidade de ter unha sólida formación matemática.
Así pois, Matemáticas para disfrutar é unha exposición chea de pro–hibicións pois prohíbese non tocar e prohíbese non ler. A través das actividades que se lle propón terá a oportunidade de ter un contacto coas matemáticas distinto ó que tivo nas súas clases escolares e poderá comprender que tamén son accesibles, lúdicas e concretas. Non desaproveite a ocasión e benefíciese deste esforzo económico e intelectual xa realizado.
MAIS INFORMACION en Agapema.com
DATOS SOBRE A EXPOSICION :
DATAS DA EXPOSICION: DO 19 xaneiro ó 1 de Febreiro.
LUGAR: Sala de exposicións do Mercado Vello.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios