Traballo nas Pontes…

66

As Pontes 737 parados, 80 dos cales son menores de 25 anos, Fonte estatística:http://traballo.xunta.es/spe/dxfc/sxc/sgc/revistaparo/pdf/paro200509.pdf.
Esta é a situación que vivimos no noso Concello. Non é difícil presumir que a mayoría deben de ser xóvenes con titulacións universitarias ou cunha formación superior á media. É unha realidade que se constata en toda Galicia, pero o noso Concello non escapa á mesma, por desgracia:
1) Xóvenes moi ben preparados, con escasa experiencia debido as trabas do mercado laboral actual, no que non se valoran os méritos propios senón os contactos e relacións que se posuen.
2) Subemprego, empregos temporais, prácticas e becas que só son unha escusa para traballar de xeito gratuito, e que despois apenas se valoran á hora de acadar traballo.
3) Incapacidade das institucións e responsables políticos (de tódolos partidos, a nivel local, rexional e estatal) para remediar esta situación.
4) Incapacidade dos mesmos actores para negociar con organizaciones públicas e privadas, as veces por cuestións partidistas, por incapacidade ou falla de medios, e outras por deixadez de funcións.
Os xóvenes ponteses só lles pedimos un esforzo maior, queremos traballar na vila e crear riqueza na mesma co noso traballo. Non é suficiente co que se está a facer, é preciso unha mayor implicación de todos.
Nova enviada por un veciñ@, ANIMO!

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios