Nota de Prensa Grupo Ecoloxista Guerrilleiros das Fragas

90

O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas oponse a que Endesa obteña a licencia municipal de obra para construir a central de ciclo de combinado


O alcalde do concello de As Pontes ten a competencia na concesión de licencias a actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas como e o caso desta central. A lexislació establece para estas actividades a condición de establecerse a un mínimo de 2.000m de calquera núcleo urbano, este proxecto da central ubica as instalacións a escasos 300m do núcleo urbano de As Pontes polo que estre proxecto queda claramente invalidado. Cremos por tanto que preservando a saude dos ponteses e pontesas asi como o entorno no que se proxecta a central, non se debe conceder a licencia municipal de obra, debese esixir a retirada do proxecto.
Xa hai dous anos saía a exposición pública o proxecto da central de ciclo combinado de As Pontes. O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas no seu afán por conquerir un medio de calidade, e protexe-los valores ambientais que son patrimonio de tódolos ponteses, presentou unha serie de alegacións a dito proxecto que de non ser modificado sería un perigo para o entorno natural e a saúde dos ponteses.
As emisións de CO2 anuais desta central chegarán a 3 millos de toneladas, presentar isto como unha contribución á loita conta o efecto invernadoiro é algo que raia co esperpento. O protocolo de Kyoto non esta a conquerir a reducción de emisións de CO2 en España en gran medida debido a instalacións de centrais térmicas como a proxectada, xa que a producción de electricidade é un dos máximos responsables do aumento de emisións. España é o pais de Europa que maior grado de incumprimento acumula con respecto o fixado no protocolo de Kyoto, xa que entre 1990 e 2000 incrementou as emisións de CO2 máis dun 34% cando se lle concedera un aumento máximo do 15% ata o 2010.
A escala local e rexional, os óxidos de nitróxeno (NOx) serán o principal contaminante atmosférico que emita a Central. Os NOx e o SO2 son os principais causantes das choivas ácidas reaccionando co vapor de auga na superficie das partículas de po e formando gotas microscópicas de ácido que o reagruparse forman a choiva. Asimesmo os NOx teñen gran poder contaminante debido á súa forte absorción de radiación ultravioleta. O resultado da conxunción NOx, Hidrocarburos e luz solar, constitúe o chamado “smog” fotoquímico causante de problemas respiratorios e danos nos ollos, amén de corrosión nos materiais
Dende Guerrilleiros das Fragas consideramos os argumentos expostos suficientes para opoñernos o proxecto redactado para instalación desta central térmica, que non a instalación dunha industria deste tipo sempre e cando se ráspete o medio ambiente e a saúde da cidadanía.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios