Linux, OpenSolaris a a vindeira GPL-3

35

Lendo agnix.org:
“Steven J. Vaughan-Nichols escribe un artigo en eWeek a redor da vindeira GPL-3, aínda en estado de bosquexo.
Steven comenta que a GPL-3 pode aínda provocar importantes cambios antes da súa aprobación ou consecuencias graves se é aprobada.
Linus Torvalds xa dixo non á GPL-3 e disto pode aproveitarse o OpenSolaris xa que pode ter licenza dual: CDDL (Common Development and Distribution License) e maila GPL 3 (GNU General Public License).”…


…”Por que? Schwartz dixo : Queremos facer o que podamos para obter máis eficiencia entre Linux e OpenSolaris.
Por que o OpenSolaris non está antes coa GPL-2? Sun ten unha obriga cos que apoiaron a Solaris para protexer a súa propiedade intelectual.
Aínda fican abertas varias cuestións e inquedanzas: Pode supoñer a vindeira GPL-3 o fin da primacía de Linux coma núcleo do sistema operativo GNU? Será OpenSolaris quen de substituilo?”…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios