Batería Acer

26

Lendo agnix.org:
“Todos os que teñan un portátil Acer, pensan que fixeron unha boa merca pola súa relación calidade-prezo. O problema chega cando instalas nel un gnu/linux e segues todo contento porque che detectou todo á primeira. ¿Todo? Todo non, non funciona a batería, ¿cal é o problema? o problema é que os Acer teñen unha ‘Smart Battery’ “…


…”(http://www.linuca.org/body.phtml?nIdNoticia=315…) Nun principio pra poder chegar a vela batería había que recompilalo kernel cun parche de Bruno Ducrot que só era capaz de ler uns cantos datos da mesma (http://www.poupinou.org/acpi/smartbatt/) pero agora mesmo iso non é sempre necesario xa que por exemplo a ubuntu xa leva o parchel incorporado no kernel que permite o mesmo inda que hai que facer uns cantos pasos pra parchealo initrd (en vez do kernel e así non ter que recompilalo kernel de cada vez). De todas formas, pra unha maior explicación dos posibles pasos e procedementos a seguir: http://forums.gentoo.org/viewtopic.php?t=122145
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios