Proxectos aprobados na Xunta Directiva de Euroeume

82

A Xunta Directiva do Grupo de Acción Local EuroEume, reunida en sesión ordinaria, aprobou a sinatura de tres novos contratos de axuda no marco da iniciativa comunitaria Leader +.


Por unha parte aprobouse unha axuda para o “Paseo Fluvial Parque do Eume”, O proxecto consiste no acondicionamento da beira do río Eume ao seu paso pola zona histórica da vila das Pontes, en base ás seguintes actuacións: apertura do paseo pola beira do río, restauración dun muiño e rehabilitación dun lavadoiro. Contémplase tamén a instalación de iluminación nocturna para permitir unha maior utilización das instalacións. Este proxecto, promovido polo Concello de As Pontes, supón un investimento total de 235.569.74 €, que serán financiados ao 100 % en base aos fondos europeos xestionados pola Asociación Euroeume.
Aprobouse otorgar unha axuda ao proxecto de “Apartamentos Turísticos do Regueiro”. Este proxecto, promovido por Marta Vizoso Miquel del Solá, consiste na rehabilitación dunha serie de edificacións, que incluiría unha palleira, un horreo, un alpendre e parte da casa principal, ademais da construcción de tres edificios de nova planta, para adicar estes espazos a apartamentos turísticos, cunha oferta total de 14 plazas. O investimento total deste proxecto é de 397.828,46 €, dos que 135.261.68 € provirán dos fondos do Leader +.
Aprobouse tamén unha axuda para o proxecto “Mini-residencia Xeriátrica en Moeche”. A promotora, Rosa Díaz Falcón, promoverá a construcción dun inmoble adaptado para desenvolver as funcións de mini-residencia xeriátrica, que constará con 30 plazas para residentes, e con 10 plazas como Centro de día. O orzamento total subvencionable é de 817.555.80 €, dos que un máximo de 249.926 provirán dos fondos procedentes da Iniciativa Leader + que xestiona Euroeume.
Por outra parte, o proxecto presentado por ASPANAES, consistente no acondicionamento da RESIDENCIA POBOADO AS VEIGAS en As Pontes para o seu uso como “Centro Asistencial, Educativo, e Residencial para as persoas con Transtornos de Espectro Autista e as súas familias”, recibirá o total da axuda comprometida no contrato asinado con Euroeume gracias á liberación de fondos de outros proxectos, e ao movemento de fondos entre as diferentes partidas do Plan Financieiro da Iniciativa Leader + xestionada pola Asociación Euroeume. Recordar que este proxecto presenta unha inversión subvencionable, de 694.262.9 €. A axuda aprobada por EuroEume representa o 36 % desta inversión, o que supón 249.934.65 €.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios