Vilas Dixitais entrega a rede de telecentros

51

Os telecentros instalados dentro do proxecto Vilas Dixitais entregáranse ás entidades veciñais e resto de responsables da súa apertura e mantemento durante un acto que terá lugar o venres en Vilalba e o sábado nas Pontes. Ao tempo, terá lugar a presentación do portal cidadán.


O Auditorio Municipal de Vilalba acollerá o acto de entrega de telecentros e do material funxible necesario para atender ás primeiras necesidades dos usuarios. O venres 17 a partir das 8.30 do serán.
Mentres tanto, nas Pontes, esta presentación terá lugar no salón de actos da Casa Dopeso, o sábado 18 de febreiro ás 11.30 da mañá.
Nese acto presentarase o portal cidadán, que estará operativo dende entón nos enderezos vilalbadixital.net e aspontes.net.
Fonte: http://www.vilasdixitais.org/

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios