O Concello acomete a rexeneración do Parque da Fraga

57

O Parque da Fraga será sometido a un proceso de rexeneración durante as próximas semanas. O Concello decidía contratar estes traballos para evita-lo deterioro desta zona verde. Calquera que pasee polo interior do parque pode comprobar que o solo está duro como cemento, totalmente compactado polo paso de milleiros de persoas, especialmente a finais de xullo.


O Concello acometerá nas próximas datas un profundo traballo de rexeneración no parque da Fraga de dona Rita. A xunta de goberno adxudicou onte xoves á empresa Xardíns Senra, o contrato para facer estas labouras nesta area verde. A excesiva carga humana que sofre a zona, especialmente a finais de xullo, coa romaría do 25 de xullo e días anteriores, provoca unha gran compactación da terra. O orzamento para o traballo é de 24 mil euros, e podería estar rematado para a primavera.
Nesta mesma sesión tamén se adxudicou a Celtia Verde o constrato para subministrar varios tipos de sinais de tráfico por 3.500 euros. Mentres que Formato Verde entregará 40 contedores de lixo de cor verde e 25 amarelos, por unha contía de 12 mil euros.
A Xunta de Goberno adxudicou logo dous contratos de redacción de proxectos, dos que se encargará a empresa Arqyur. Ambos están relacionados có Edificio Administrativo da Avenida de Castelao, no antigo local de correos; o primeiro para o cambio de cuberto e outro para a reforma do proxecto. O orzamento suma uns 6.500 euros.
Ademais disto, os concelleiros deron visto bó ó gasto de 10 mil euros para as obras de reparación do local social do Chamoselo.
Ademais destes asuntos, acordouse destinar algo máis de 40 mil euros para sufraga-los gastos da vindeira edición da Feira do Grelo, e tamén os premios para a Cabalgata de Entroido e do Terceiro Festival de Comparsas.
Volveron á Xunta de goberno varios convenios de colaboración con entidades da nosa vila, unha delas foi a Rondalla Vila das Pontes, que recibirá 1.200 euros, o 40% que restaba de pagarlle do 2005; mentres que a asociación Abeiro recibirá 1.000 euros.
No capítulo de persoal, os edís decidían actuar de oficio para recoñece-la antigüedade do persoal municipal a un de xaneiro deste ano, o que significará un gasto para as arcas locais duns sete mil euros.
Fonte: aspontes.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios