CHARLA OBRADOIRO DE GAITA – LUNS 27

33

O luns 27, de 19:00 a 21:30 na Casa Dopeso, Moncho do Orzán impartirá unha Charla – Obradoiro sobre a gaita.

gaita.jpg


Consistirá en saber axustar unha palleta, afinar ben, e ter a gaita a punto, ademais de cómo poñerse un ben a punto con ela… O obradoiro terá dúas partes, unha teórica dunha hora aproximadamente, e despois dun breve descanso, unha práctica para que cada asistente ou interesado, poida axustar e afinar a súa gaita.
Non só vai dirixido a gaiterios, senón que é tamén moi interesante para tamborileiros, pandereteiras, bombeiros, etc… pola cercanía e conclusións que se sacan do tema e animo a ir a todos os que andamos no asunto.
Para os interesados en afinar e aprender a axustar a gaita… deberán levar o seguinte:
– A gaita
– Unha palleta totalmente nova sen colocar (quen non a teña, haberá ali algunha probablemente (dicidelle a jaime que vaia jejeje)
– arame fino p.ex tipo perlé nº 12
– lixa suave 400 de auga
– taco de madeira
– navalla
– pedra de afiar
– alicates pequenos planos
Proxectarase e escoitarase e tocarase para facer o obradoiro ameno e facil de entender para todos.
Se ten acude xente, i resulta merecedor, Moncho irá dando obradoiros de outros temas do mundo gaiteiro próximamente.
Como escoitei hoxe, parece mentira… pero no mundo queda xente así, graciñas Moncho.
Vide o Luns! Casa Dopeso, quedamos ás 19:00 ou algo antes millor… !!!
-> se se vos ocorre organizar a mediodía unha pequena comida por ai, e tocar pola tarde ata as 6… ideo pensando… e dicideo, que xa sería o ideal, para rematar coa charla coloquio e tocando algo por ai logo…

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios