Inauguración oficial do proxecto Vilas Dixitais

40

Este venres 3 de marzo terá lugar a inauguración oficial do proxecto das Pontes e Vilalba, coa asistencia de destacadas autoridades das institucións promotoras do proxecto. Asímesmo, acollemos a celebración da Comisión de seguimento do programa Cidades Dixitais en Galicia.


Os telecentros de Santaballa, en Vilalba, e Somede, nas Pontes, acollerán este venres 3 de marzo os actos de inauguración do proxecto Vilas Dixitais, iniciativa destes dous concellos para o desenvolvemento da sociedade da información na zona rural.
O Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, o Director Xeral para o desenvolvemento da Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e os Directores Xerais de Comunicación e Audiovisual e de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Xunta de Galicia asistirán á posta en marcha oficial das actuacións executadas dentro do proxecto Vilas Dixitais.
O telecentro de Santaballa acollerá as 12 da mañá a primeira parte do acto inaugural, que posteriormente se trasladará ao centro pontés de Somede, onde á unha e media terán lugar unha serie de intervencións e demostracións do uso das ferramentas elaboradas dentro do proxecto Vilas Dixitais.
Antes do comezo deste acto, o telecentro de Santaballa acollerá a celebración da xuntanza da Comisión de seguimento dos proxectos incluídos no programa de Cidades Dixitais de Galicia, no que acompañan a As Pontes de García Rodríguez e Vilalba, os concellos da Estrada, Lugo e Vigo.
Fonte: VilasDixitais

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios