O mundo militar de As Pontes no seculo XIX e primeira metade do XX

403

O 14 de Febreiro de 1809 chega a noticia a Santa Marta de Ortigueira de que unhas tropas francesas que proviñan de As Pontes se achegaban a aquel Condado. Tocaron as campás a rebato, e fíxose garda ata ben entrada unha noite de fortes chuvias que lles fixo retirarse dos seus postos de garda. Pero esas tropas, que permaneceron na zona de As Pontes varios días tomaron a decisión de ir cara Cedeira, onde se aguantou ben aquel ataque. O día 17 os franceses insistiron con Cedeira (escoitaronse cañonazos) e con Viveiro (con quenes remataron as municións). Dase entón movemento das guerrillas de Ortigueira polos montes de Segade cara a Viveiro para apoiar a defensa, chega entón a voz de que 400 á 500 homes de cabalería, se dirixían polas Pontes de García Rodríguez, encima do Condado de Ortigueira. Coas horas chegará tamén a noticia de que Viveiro foi tomado polas tropas de Mr. Treni e Mathiu, non sin resistencia, especialmente a do guerrilleiro Antonio Bas, que faleceu neste ataque.

banner.jpg


Sabemos, polo tanto, que as tropas francesas se ubicaron pola zona interior, cara a As Pontes, para dende ahí invadir os núcleos de Cedeira, Viveiro, Ortigueira ou Mondoñedo. Coñecemos ademais a nova de que os veciños de Roupar e de Lousada (¿algún pontés nestas filas?) fixeron retroceder a uns 700 franceses que se dirixían a Mondoñedo por unha ruta que non era a correspondente. (Cf. M. Pardo de Andrade, Los guerrilleros gallegos de 1809, cartas y relaciones escritas por testigos oculares, publicadas en los años 1809 y 1810 y reimpresas por A.M.S., La Coruña 1892, Tomo I, 86-108 pp).
Como podemos ver, o século XIX foi especialmente un século militar. Comeza coa invasión francesa e remata coa guerra de Cuba. Por medio de estos dous acontecementos atópase outra guerra, ben longa, que se agrupa en tres etapas, e que denominamos guerra carlista. Galicia non foi protagonista nesta guerra, nin houbo grandes forzas militares carlistas agrupadas, pero sí existiron grupos de resistencia, guerrillas, … Especialmente foron as vilas con sedes episcopais as que maior participación van a ter. A Igrexa, temerosa pola perda de poder e por decisións coma a desamortización, que se viña anunciando, apoiará abertamente unhas veces e solapadamente outras, o bando conservador de don Carlos. Famosos van a ser os papeis asumidos polo Arzobispo e polo Bispo auxiliar de Santiago, e polo Bispo de Mondoñedo López Borricón, os distintos cabildos catedralicios, o canónigo de Mondoñedo e arcediano de Mellid D. Juan Martínez Villaverde, que será presidente da xunta carlista de Galicia; os frailes de Alcántara… (Cf. José Ramón Barreiro Fernández, El Carlismo gallego, Ed. Pico Sacro, Santiago de Compostela 1976).
Baseándose no Diccionario Geográfico-Estadístico-Histórico de España y sus posesiones de Ultramar, de Pascual Madoz, publicado en Madrid en 1845, Antón Ferreiro, nos contaba no artigo “As Pontes, na primeira metade do século XIX”, da revista das Festas do Carme 2005, 105-109 pp., que en 1833 se fixera a división provincial abandoando As Pontes a pertenza á desaparecida provincia de Betanzos e pasando a formar parte da nova de Coruña, dentro do partido xudicial de Ortigueira. Era un pobo que se describía en tres rúas (Real, Igrexa e San Xoán) medianamente empedradas. Dase noticia do Hospital (do que falarei longamente nun vindeiro artigo), da Igrexa e da Feira. Asimesmo dícesenos que As Pontes fora un territorio do Conde de Lemos ó que aínda se lle pagaban unhas gabelas. Apunta Antón Ferreiro ó final do artigo que na primeira guerra carlista (1833-1840) “cubrió el servicio de la guarnición su Milicia Nacional que sola defendió el territorio y batió a los enemigos (plantéxase Antón Ferreiro se poideron ser carlistas do Xeneral Míguez Gómez que en 1836 fixo unha rápida incursión polas terras de Asturias e Galicia)”.
De tódolos xeitos, esa foi a primeira guerra carlista, quedaba todavía moita guerra por diante. Si ben en Galicia o carlismo non protagonizou grandes escenas, sí temos noticias que poden resultar de interés para As Pontes se accedesemos algún día ás publicacións dos periódicos carlistas La Juventud Católica de 1868 e a La Voz Católica de 1870, que se publicaban en Ferrol, o mesmo que no diario La Paz que saíu en Lugo no 1869.
En 1876, 28 de Febreiro, don Carlos VII cruza a fronteira de Francia por Arregui, fora derrotado, e comeza a reinstauración monárquica na persoa de Alfonso XII. Non morre con esto a forza do movemento carlista, que seguirá dando coletazos ata a guerra civil española.
O vindeiro documento de 1856 é unha dispensa de proclamas otorgada a un Garda Civil, Vicente María Paez, natural de Betanzos e veciño de As Pontes.
DOCUMENTO 1
O seguinte documento é un permiso de licencia indefinida ó soldado pontés Antonio Lorenzo Vivero Ledo, da 4ª Compañía do Batallón de Cazadores de Reus número 16. Por medio desta licencia este humilde labrador fillo de Gaspar e de Dolores regresou a As Pontes, onde tivo que seguir pasando revista, coma o fixo o 21 de Outono de 1888, o 15 de Outono de 1889, o 19 de Outono de 1890, e o 11 de Outono de 1891.

documento1.jpg
Podedes ver as 2 páxinas ampliadas premendo neste enlace

O Batallón Cazadores de Reus número 16, tivo diferentes denominacións ó longo da súa historia: nº 24, Cazadores de Montaña Berga nº 1, … nacera no 1869 e foi disolto en 1931. Participou nos sucesos políticos de Xerez da Fronteira no 1869, nos sucesos políticos de Monesterio no 1870, na Guerra de Cuba entre 1869 e 1881, na guerra carlista entre 1872 e 1876, na guerra de Cuba entre 1895 e 1898, na guerra de África en 1909, 1913-1915 e 1924-1927.
O director Xeneral de Infantería era naquel tempo, como podemos ver no documento Don Tomás de O’Ryan y Vázquez (1821-1902).(Cf. Diccionario de Historia de España. (1979). Madrid: Alianza Editorial. 910, 2 ed., 3 vols.) Naceu e morreu en Madrid. Teniente xeneral de brilante folla de servicios, foi director de estudos do príncipe de Asturias, don Alfonso XII e axudante do monarca en 1877. Nunha reorganización que fixo Sagasta no seu Goberno de 1888 (Xuño) desempeñou a carteira de Guerra. Pubricou numerosas obras da súa especialidade e traduciu algunhas do alemán e do inglés. (o.c. vol.III, p.135).
tomas.jpg
Tomás de O’Ryan y Vázquez

No seu nome firma don Arturo Alsina Neto, Tenente Coronel, que participaría con este Batallón na Guerra de Cuba e publicaría, co tempo, algunha obra como cronista do que aconteceu naquela guerra.
DOCUMENTO 2

Podedes ver as 4 páxinas ampliadas premendo neste enlace

O SÉCULO XX
Xa do século XX é interesante o artigo de Manuel Souto López, do Arquivo Municipal, publicado na revista das festas do Carme 1994, “II República en As Pontes, o fenómeno agrario 1931-1936”, 17-27 pp. Onde aparece o Alcalde da República don José Vilaboy Pajón. A corporación municipal era, segundo nos di esta publicación, a que segue:
1. José Vilaboy Pajón, alcalde, As Pontes
2. Manuel Ramos Fernández, tenente alcalde, Barosas (As Pontes)
3. José López Barro, Vilavella
4. Hipólito Caaveiro Lamigueiro, Vilavella
5. José Caaveiro Silva, Aparral
6. Andrés Bellas Tojeiro, Freixo
7. Manuel García Pena, Somede
8. Juán Rivas Varela, Marraxón
9. Domingo Caaveiro Penabad, Freixo
10. Wenceslao Ramil Paz, Deveso
11. Emilio López, Sexe (Aparral)
12. Antonio Cabaleiro Vilaboy (As Pontes)
13. Casal, Ponte da Pedra (Vilavella)
Foto de José Vilaboy Pajón con un reximento de militares que fixeron maniobras en As Pontes, ano 1933
Documento-3.jpg

Foto de José Vilaboy Pajón
Documento-4.jpg

A CARTA DO ALCALDE VILABOY Ó CURA PARA QUE DEVOLVA OS SANTOS Á IGREXA
O seguinte documento narra unha anécdota que respondeu ó medo que o crego don José Río Seijo tivo durante a República ó ver cómo se queimaban as propiedades da Igrexa en Madrid. Aquel crego decidiu vaciar a Igrexa de santos e que éstos quedasen repartidos e escondidos en casas de parroquianos de confianza segredamente. Esta vai ser a carta que o alcalde lle escribiu ante tamaña decisión.
Documento-5.jpg
Podedes ver a páxina ampliada premendo neste enlace

Transcripción:
Providencia: Teniendo conocimiento esta Alcaldía de que de la Yglesia parroquial de esta Villa han desaparecido imágenes y objetos destinados al culto con el pretesto de resguardarlos de un supuesto atentado.
Considerando: que en este pueblo no existen elementos exaltados que siquiera de una manera velada hayan exteriorizado su propósito de atentar contra la Iglesia, antes al contrario, sabe y le consta a esta Alcaldía, que son personas de orden, respetuosas con los derechos de los demás, por lo que el hecho que motiva esta providencia, constituye una provocación y al mismo tiempo una ofensa para los vecinos de este pueblo y en particular para los que profesan ideas Republicanas.
Considerando: Que las imágenes y objetos del culto fueron adquiridas por suscripción popular por cuya razón son de atender las reclamaciones del vecindario que se consedera con derecho a ellos.
Considerando: Que si existiese el temor del atentado antes mencionado, puede el Sr. Cura Parroco, reclamar el auxilio de la Guardia Civil, con cuya cooperación está suficientemente garantizado el respeto a la Yglesia y a cuantos edificios se juzguen amenazados.
Considerando: Que en ningún momento se adoptó la resolución de retirar la imágenes y objetos del culto, y esta fue tomada después del triunfo obtenido por el ideal Republicano en las elecciones celebradas el dieciseis de febrero último por lo que es lógico deducir un desafecto y desconfianza para dicho Regimen.
Considerando: Que según ha podido comprobar esta Alcaldía, tal medida debese a presiones ejercidas por los elementos desafectos al Regimen actual, con lo que se pretende desacreditarle, constituyendo un acto de sabotaje, ya que según queda especificado ni remotamente existe el temor de que se lleve a la practica el atentado que trata evitarse.
Considerando: Que existe un general descontento entre numerosos vecinos de esta Villa por la medida que se comenta y de continuar este estado de cosas pudieran ocurrir alteraciones de orden público que es obligación de la Alcaldía evitar.
Vistas las disposiciones de aplicación al caso, se acuerda.
Hacer saber al Sr. Cura Parroco de esta Villa que en el improrrogable plazo de tres horas, restituya a la citada Yglesia Parroquial, las imágenes y demás objetos destinados al culto que sin razón ni motivo ha retirado; apercibiéndole que si transcurrido dicho plazo no lo verifica se dará cuenta de lo ocurrido al Excmo. Sr. Gobernador Civil de esta Provincia, además de hacerle responsable de cuantos trastornos y perjuicios se originen por su actitud y desafecto al Regimen.
Lo mandó y firma el Sr. Alcalde D. José Vilaboy Pajón en Puentes a doce de marzo de mil novecientos treinta y seis. =José Vilaboy=Marcial Lens= Rubricadas y Sellada=
Es Copia
José Domínguez

¿Como terminou esta historia? Puiden saber, que don José Río Seijo falou con don José Vilaboy, co que existía unha certa amistade, e pediulle que non o deixase en evidencia tendo que devolver os santos en pleno día, e que esa noite se faría a devolución. Así que podemos dicir que esa noite houbo unha boa procesión clandestina de santos polas rúas de As Pontes.
OS SOLDADOS “CONCENTRADOS” NA VILA NO 1939
As seguintes fotos amosan a esos soldados concentrados durante as festas do Corpus, que eran moi importantes e celebradas no pobo. Son de maio do ano 1939. No seguinte documento vese o permiso do bispado para celebrarlles Misa na Praza.
Documento-6a.jpg
Documento-6b.jpg
Documento-6c.jpg

Fotografías cedidas ó fondo fotográfico do Museo do Monte Caxado por dona María Vidal Río
DOCUMENTO SECRETARÍA-CANCILLERÍA DO BISPADO DE MONDOÑEDO
Documento-7.jpg
Podedes ver a páxina ampliada premendo neste enlace

Transcripción:
“En un oficio-instancia por usted dirigido al Excmo Prelado diocesano, con fecha 25 de abril último, solicitando autorización para celebrar Misa en una plaza publica los domingos y días festivos, a fin de que puedan cumplir el precepto del día festivo los “concentrados” en esa villa, ha dictado S.E. Rvma. El siguiente decreto:
“Mondoñedo, 5 de mayo de 1939.=Concedemos la autorización solicitada, por el tiempo que dure la necesidad expuesta, debiendo guardarse las precauciones oportunas para el orden, decoro y devoción que exigen los autos Misterios. =Benjamín, Obispo.” Firmado y rubricado.
Lo que comunico a Vd. Para su conocimiento y efectos consiguientes.
Dios guarde a Vd. Muchos años.
Mondoñedo, 7 de mayo de 1939.
(firma)
Sr. Cura párroco de Stª María de Puentes”.

Xabier Martínez

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios